Loading video…
Loading video…
We earn from qualifying purchases. Affiliate disclosure
Hoxe o Celta recibe en ABANCA Balaídos a un equipo inglés: o Bournemouth. Pero a presenza do fútbol inglés en Vigo non é unha cuestión menor nin unha simple coincidencia. É, en boa medida, parte da nosa propia historia.
Hai máis de 150 anos, en 1873, os chamados «ingleses do cable» chegaron a Vigo e trouxeron consigo algo que acabaría cambiando para sempre a cidade: o fútbol. Daquela semente naceu o Exiles FC, o primeiro equipo de fútbol recoñecido na nosa terra e pouco despois o fútbol comezou a estenderse entre os vigueses.
Co paso dos anos chegarían novos clubs, como o Vigo Sporting e o Fortuna, que contaron tamén con futbolistas ingleses nas súas filas. Dúas historias que acabarían confluíndo en 1923 coa creación do noso Celta.
Así que hoxe, cando un equipo inglés pisa o céspede de Balaídos, paga a pena mirar atrás e lembrar que o fútbol inglés non só veu xogar a Vigo: foi quen de introducir aquí un deporte que acabaría formando parte da nosa identidade e dando lugar ao club que hoxe nos une a todos.
Esta é a historia dos ingleses que trouxeron o fútbol a Vigo e que, sen sabelo, axudaron a escribir as primeiras páxinas da historia do Celta.
SUSCRÍBETE:
📺 youtube.com/rccelta
SÍGUENOS:
🐦 X: x.com/RCCelta
🇬🇧 X English: x.com/CeltaEnglish
🌍 X Arab: x.com/CeltaArab
🩵 Xuntos Celta: x.com/XuntosCelta
🔵 Facebook: facebook.com/rccelta
📸 Instagram: instagram.com/rccelta
🎶 TikTok: tiktok.com/@rccelta
👻 Snapchat: snapchat.com/add/rccelta
🆕 linkedin.com/company/rccelta
🇨🇳 Weibo: weibo.com/u/6931899493
VISÍTANOS:
🌐 Website: celta.gal
📲 App (iOs): bit.ly/CeltaiOS
📲 App (Android): bit.ly/CeltaAndroid
TIENDA OFICIAL
🛒 shop.celta.gal